Ruta: Museo do Mar - San Ciprián

Esta Ruta discurre entre Activity Center e o Porto de San Cibrao. Vai todo
o tempo a carón do mar e a continuación mostramos os puntos máis significativos que se poden ver na ruta.

Preme o seguinte botón dende o teu smartphone para decargala.

Área Recrativa do Cantiño

A poucos metros de Activity, hai unha zoa de recreo, os comedores, conta con zoa de xogos, mesas de pedra, bancos e parrillas onde se pode pasar un día no campo. A moi poucos metros da costa e unha praia forma parte do entorno do paseo marítimo de O Cantiño. Está equipada con auga potable, contenedores  e papeleras.

Barco Bonitero “Reina do Carme”

Barco bonitero recuperado onde se poden visitar todos  os seus compartimentos: ponte de mando, camarotes, cociña, pañol, nevera… Ten en funcionamento todos os seus equipos mecánicos, electrónicos, hidráulicos…, así como os seus motores principais e auxiliares. consérvanse tamén os medios e métodos de pesca tradicionais empregados para a pesca do bonito na especialidade de “cacea” o “curricán”, sendo esta a forma artesanal de pesca que mellor garantiza a excelente calidade do produto. Neste mesmo porto tamén poderiamos coñecer a labor das de Redeiras do Porto de Burela.

Paseo Marítimo da Marosa

Paseo que une Burela coa Praia da Marosa e a zona deportiva, onde hai dous campos de Futbol, dúas pistas de tenis e unha pista de Padel. Tamén hai unha zona infantil. Para chegar alí pasaremos tamén pola Praia do Ril.

Praia de Rueta

Situada xa no Concello de Cervo, praia que está na desenbocadura do Rio Xunco. Dende esta Praia tamén se inicia unha ruta de Senderismo ata Sargadelos.

Museo Provincial do Mar San Cibrao

O Museo Provincial do Mar, un dos máis antigos dos dedicados a este tema en Galicia, está situado nun edificio que foi construído en 1931 para albergar unha Escola Unitaria. o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, que dende os seus comezos pretende reflectir a historia e a vida mariñeira da costa lucense, amosando a súa riqueza biolóxica e etnográfica, consta fundamentalmente de catro seccións. Na primeira fáiselle unha lembranza e unha homenaxe á escola, ao uso para o que foi concibido o edificio que hoxe contén o museo. No espazo contiguo, onde un motor a vapor simboliza o corazón do museo, recóllense as testemuñas gráficas coas que o visitante pode facer un percorrido polo pasado mariñeiro da vila e da comarca, un percorrido polo memoria histórica a través dunha importante colección de fotografías achegadas pola veciñanza. A segunda ten como fío condutor a sección de carpintería de ribeira en San Cibrao, así como as tipoloxías construtivas máis comúns que saíron dos seus estaleiros, exemplarizadas nalgún dos modelos de barcos expostos, réplicas a escala de navíos que tiveron especial relevancia na historia desta vila. Conta San Cibrao cunha longa tradición de construtores de barcos que se remonta ao século XIV. A puxanza definitiva da construción naval nesta vila veu da man do nacemento do complexo industrial de Sargadelos, a finais do s. XVIII. A terceira sala céntrase nos oficios do mar (pescantinas, redeiras, cordoeiros, etc.) e nas artes e aparellos de pesca (na que chama a atención un traxe de augas completo, elaborado ao xeito tradicional, con liño “encascado”, así coma un traiñón ou chalupa baleeira de 3 m de eslora, aparellado con dúas velas). Inclúe tamén unha mostra cunha variada representación da fauna mariña, entre a que destaca a colección de malacoloxía (un 70 % do total dos fondos do museo e na que se poden observar numerosas pezas agrupadas nos cinco principais grupos de moluscos), así como tamén esqueletos totais ou parciais de animais mariños (mandíbulas de quenllas, espadas de peixe espada, esqueletos de golfiños, etc.), animais desecados (tartarugas), corais, fósiles, algas, etc. Na sala cuarta, a historia da caza e os restos óseos das baleas son os protagonistas. Foron recollidos nas praias de San Cibrao, en especial na de Cubelas, onde se procesaban os cetáceos cazados entre os ss. XVI-XVIII. A comezos desta última centuria, decae a caza da balea nas nosas costas, se ben, en 1965, esta actividade volve a cobrar protagonismo na vida de San Cibrao.

Carpinteria da Ribeira San Cibrao

Francisco Fra, abre as portas da súa Carpintería de Ribeira para mostrar como se traballa e como se constrúen embarcacións de madeira de xeito tradicional.

Faro de San Cibrao

O primeiro faro foi construído no 1864, posteriormente foi reformado nos anos vinte. A torre é lixeiramente cónica de granito gris claro. 
Na actualidade consta de dúas torres unha primitiva e outra máis esvelta grazas ao branco e á unha franxa negra baixo o primeiro dos seus balconciños.No seu contorno hai unha área recreativa desde onde se poden observar os Farallóns e tres illas incluídas na Relación de Espazos Naturais.